O descoñecemento da orixe do gromo de lexionela é o que máis lles preocupa aos veciños

Seis persoas continúan ingresadas no hospital, mentres que tres recibiron a alta

Dende o Concello da Guarda mandan unha mensaxe de tranquilidade aos veciños sobre a calidade da súa agua

G24.gal 20/11/2023 14:55

Polo momento, son nove os casos confirmados de lexionela. Oito do concello da Guarda e un do Rosal. Seis persoas continúan ingresadas no hospital, mentres que tres recibiron a alta. Outros dous están en estudo. O alcalde da Guarda explicou que hai outros dous casos en estudo e que se analiza a auga da rede municipal para garantir que é potable e segura para a saúde.

Tamén van tomar mostras nas instalacións e os camións do grupo de emerxencias municipais, que hai uns días tivo que limpar con agua a zona do porto invadida pola escuma. O descoñecemento da orixe do gromo é o que máis preocupa aos veciños.

Dende o Concello da Guarda mandan unha mensaxe de tranquilidade aos veciños sobre a calidade da súa agua. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos