Máis dun milleiro de escolares participan no festival da inclusión de Boiro

O evento anticípase ao Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se celebra este domingo 3 de decembro

Cartel da VI edición de Festiriti Titi celebrado en Boiro
G24.gal 01/12/2023 19:27 Última actualización 01/12/2023 20:14

Este venres celebrouse o Festiriti Titi, a xornada máis lúdica e integradora que organiza a Asociación Amicos de Boiro para celebrar por anticipado cos escolares da comarca o Día Internacional da Discapacidade, que é o domingo, 3 de decembro.

A asociación, creada no ano 2000 por familiares de persoas con discapacidade intelectual, conseguiu que sexa a maior proposta inclusiva de todo o Barbanza , con xogos para todas e todos.

Á primeira edición asistiu un só centro e 200 rapaces. Seis anos despois, acudiron quince centros e máis dun milleiro de escolares. Este ano, unidos nunha soa petición: que a tecnoloxía tamén axude á inclusividade.

Festiriti Titi celebra a inclusión pola que Amicos traballa acotío para que todas as persoas con discapacidade poidan levar a cabo un proxecto de vida todos os días, non só un día ao ano. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade