O Burela e o Castro estarán na fase final da Copa de fútbol sala feminina
O Burela e o Castro estarán na fase final da Copa de fútbol sala feminina
O Castro gañou nos Remedios por 4-6 e o Burela impúxose na casa a Poio (4-2)
Dos oito participantes na fase final da Copa da Raíña de fútbol sala dous equipos serán galegos. O Burela Pescados Rubén defenderá o título despois de impoñerse por 4-2 no derbi diante do Poio Pescamar con dous goles de Cami Gadeia no treito final do partido.
O Castro Bloques Cando debutará nunha fase final logo de gañar nos Remedios por 4-6 a Ourense Ontime, outro clásico das fases finais.
Había outros dous equipos galegos que tiñan opción de chegar a un dos torneos máis importantes da temporada. O ENCE Marín caeu na Raña diante do Les Corts (1-3) e o Viaxes Amarelle non tivo opción en Melilla onde caeron por 6-0.
Os catro clasificados para a gran cita serán o Navalcarnero, o Alcantarilla, o Móstoles e o Alcorcón.