O Coruxo baixa un chanzo e xa é o pechacancelas da Segunda Federación

Perdeu no campo do Raio Cantabria por 2-1

G24.gal 29/10/2023 14:58

O Coruxo baixa á última posición na Segunda RFEF despois da derrota por 2-1 no campo do Raio Cantabria, filial do Rácing de Santander. Os números como visitante do cadro vigués son pésimos. Xogou cinco encontros e aínda non puntuou.

Aos once minutos adiantouse o cadro cántabro grazas a un gol de Jorge Delgado. Non foi un mal partido do Coruxo pero, unha vez máis, estivo moi desacertado no aspecto ofensivo. 

Nunha xogada a balón parado Íñigo Gomeza marcaba o segundo aproveitando a dúbida do debutante Alberto Domínguez, que recuperou o seu sitio na portería. 

Tentouno ata o final un Coruxo que reclamou un gol pantasma na portería local. Vanderson marcou, pero xa era o minuto 94 e non quedou tempo para máis. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos