A investidura de Sánchez, pendente agora do PNV, que segue negociando co PSOE

Seguen negociando con"total discreción", segundo afirman desde a formación de Andoni Ortuzar

Aitor Esteban con Pedro Sánchez (EFE) Aitor Esteban con Pedro Sánchez (EFE)
G24.gal 09/11/2023 12:44 Última actualización 09/11/2023 13:18

O PNV aínda continúa negociando as bases do pacto co PSOE, nuns días de negociación que se manteñen baixo total discreción.

O partido dirixido por Andoni Ortuzar sostivo a fontes de Europa Press que non había acordo polo momento, e que non tiña intención de comunicar nada sobre o tema no día de hoxe. Continuará a discreción total mentres non se dean "novidades relevantes", mais afirma que segue "centrado na negociación".

"Non estiven falando estes días con eles porque non era o meu ámbito de negociación estes días, pero estou seguro de que, se non está cerrado, está a punto", dixo o secretario de Organización do PSOE, Santos Cerdán, na comparecencia para informar sobre o acordo con Junts.

A formación socialista necesita os cinco votos dos deputados do PNV para lograr a investidura. Así, continúan as negociacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade