O PPdeG di ofrecer tranquilidade fronte á "división da esquerda"

A secretaria xeral do PPdeG reivindica o traballo do Goberno de Rueda fronte ao papel da oposición en Galicia

Paula Prado este sábado en Santiago
G24.gal 09/12/2023 14:41 Última actualización 09/12/2023 15:01

A secretaria xeral do PPdeG reivindicou o traballo desenvolvido polo Goberno de Alfonso Rueda en contraposición ao papel da oposición en Galicia, segundo dixo, con varios dos partidos inmersos en división e confrontación.

Nun acto en Santiago, asegurou que o seu grupo ofrece "estabilidade, tranquilidade e xestión" fronte á "división e confrontación da esquerda".

Paula Prado criticou ademais o executivo de Sánchez, ao que lle afea que ata abril, como mínimo, non terá orzamentos xerais do Estado. Porén, salientou que en Galicia os presupostos de 2024 están no Parlamento pendentes de ser aprobados para a súa entrada en vigor co Aninovo. 

Respecto ás declaracións do delegado do Goberno sobre a finalización das obras pendentes, asegurou que no seu partido están "fartos das promesas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade