O presidente da Xunta garante o apoio do seu Goberno aos empresarios da lousa

Alfonso Rueda avanzou que van recorrer contra a paralización da mina da Penouta

G24.gal 30/10/2023 20:51

O presidente da Xunta reuniuse hoxe en Carballeda de Valdeorras cos empresarios da lousa. Alfonso Rueda garantiulles o apoio do seu Goberno para que poidan seguir consolidando Galicia como referente europeo deste sector.

Rueda avanzou que van recorrer contra a paralización da mina da Penouta. Tamén apelou ao sentidiño nas negociacións para solucionar o conflito entre a comunidade de montes de Valdeorras e a empresa de lousa, que emprega unhas 300 persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade