Cargando resultados...
O sector da educación infantil maniféstase en Santiago para mellorar as súas condicións laborais
O sector da educación infantil maniféstase en Santiago para mellorar as súas condicións laborais
Os sindicatos Comisións Obreiras, CIG e UXT esixen recuperar o poder adquisitivo das traballadoras das escolas infantís privadas e de xestión indirecta
G24.gal
15/11/2023 14:26
O sector da educación infantil manifestouse este mediodía en Santiago, na cuarta xornada de mobilizacións. Os sindicatos Comisións Obreiras, CIG e UXT esixen recuperar o poder adquisitivo das traballadoras das escolas infantís privadas e de xestión indirecta.
Os manifestantes, que saíron da Alameda e remataron na praza das Praterías, critican que non hai avances nas negociacións coas patronais e denuncian que se trata dun sector precarizado.