Os patinetes eléctricos deberán incorporar sistema de freada e indicadores de velocidade

Os propietarios terán ata o 2027 para homologar os seus patinetes

Estes vehículos deberán ter unha documentación semellante á dos coches ou motos

G24.gal 27/11/2023 16:39

O patinete eléctrico chegou para quedar, pero o aumento vivido nos últimos anos nas rúas fai que se teñan que levar a cabo novas modificacións. A DXT regula o uso destes con novas características. Terán que ter certificado de circulación, documento similar á ficha técnica dun coche ou moto.

"Deberá ter unha placa certificativa que irá situada no marco do patinete, na que vai rexistrada o modelo, marca, número de serie e que cumpre coa certificación e homologación da DXT", explica Román Seoane, propietario de Volt Mobility.

"A páxina web anuncia directamente os modelos que van estar homologados. Por iso o que vaia comprar un vehículo deste tipo, recoméndaselle que mire esta páxina, porque a partir do 22 de xaneiro só se van poder comercializar estes vehículos", indica Antonio Hidalgo, xefe da Garda Civil de Tráfico en Galicia.

Terán que ter obrigatoriamente un indicador de velocidade e sistema de freada con dous freos independentes. Medidas que se toman debido ao incremento de accidentes de tráfico nas cidades.

"A velocidade segue coma sempre e o que cambia sobre todo é a potencia nominal máxima, que chega aos 1.000 watts. Ten que ter un sistema de freado dobre, quere dicir que free disco e tamén motor, e que os dous chegan a parar o patinete en dous segundos", explica Román Seoane.

A sinalización lumínica tamén varía.

"Ter sinalización lumínica, o que son catadriópticos dianteiros, traseiros e laterais, e tamén luz dianteira, traseira e lateral, un pouco como un vehículo normal", finaliza o propietario de Volt Mobility.

Casco obrigatorio en toda a circulación e tempo, ata o 2027, para obter a certificación de homologación do patinete eléctrico por parte da DXT.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade