Otegi: "Esta lexislatura vai estar marcada polo debate da plurinacionalidade e o recoñecemento nacional de Euskal Herria"
Otegi: "Esta lexislatura vai estar marcada polo debate da plurinacionalidade e o recoñecemento nacional de Euskal Herria"
EH Bildu saca a milleiros de persoas á rúa en Bilbao para reivindicar a "nación" vasca
EH Bildu reuniu este sábado en Bilbao milleiros de persoas para reivindicar a "nación vasca".
A manifestación rematou coa intervención do seu coordinador xeral. Arnalgo Otegi destacou o papel que vai desempeñar a formación abertzale para impulsar o debate territorial, que esperan que se abra tras a investidura de Pedro Sánchez. Otegi sinalou que esta lexislatura estará marcada, dixo, "polo debate da plurinacionalidade e o recoñecemento nacional de Euskal Herria". Tamén aludiu á concentración celebrada na praza de Cibeles, tachando de "fascistas" os que se mobilizaron contra a amnistía. O coordinador de EH Bildu leu o comunicado entre gritos a favor da independencia e do regreso dos presos da ETA "á casa". Na marcha polas rúas de Bilbao, baixo o lema "somos unha nación", reivindicaron "unha nación vasca antifascista, solidaria e con memoria".
"Esta lexislatura vai estar marcada polo debate sobre a plurinacionalidade e polo recoñecemento nacional de Euskal Herria, entre outros pobos do Estado español. Ese é o debate que hai que facer, ese é o debate que democratiza o Estado, ese e o debate que non teña de dúbida imos poñer enriba da mesa, porque cando EH Bildu está presente na actividade política deste país pasan cousas", dixo Otegi.