Un incendio calcina un piso e obriga a desaloxar un edificio en Ames

Os servizos de emerxencias tiveron que desaloxar os veciños de todo un edificio de cinco andares tras o incendio orixinado no ático, que quedou calcinado por completo

G24.gal 30/10/2023 14:31

Un incendio activou todas a alarmas este mediodia nun edificio do Milladoiro, no concello de Ames.

Ao parecer o lume iniciouse na cociña do quinto andar dun edificio situado na rúa Xaquín Lorenzo. O lume calcinou a vivenda e obrigou a desaloxar os ocupantes de todo o inmoble. Varios particulares alertaron aos servizos de emerxencias ao ver sair fume polas fiestras da vivenda.

O suceso causou grande expectación e malia que houbo momentos de tensión e perigo, o incendio xa foi sufocado. Os servizos de emerxencia seguen na zona realizando tarefas de ventilación e arrefriamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade