Comeza a vacinación infantil contra a gripe nos hospitais galegos

O Sergas fixo un chamamento para administrarlle o soro á poboación menor de cinco anos este sábado e este domingo

Nos hospitais do Barco de Valdeorras e de Verín a convocatoria será a vindeira fin de semana 

G24.gal 18/11/2023 09:33 Última actualización 18/11/2023 14:45

O Sergas bota a andar esta fin de semana a campaña masiva de vacinación infantil contra o virus da gripe estacional.

A poboación menor de cinco anos xa está a recibir o soro nas consultas de pediatría dos centros de saúde. Porén, co obxectivo de axilizar ao máximo o proceso, Sanidade fixo un chamamento para esta fin de semana.

As vacinacións infantís levaranse a cabo o sábado e o domingo en todos os hospitais agás no do Barco de Valdeorras e no de Verín, que comezarán a administralas na vindeira fin de semana, o 25 e o 26 de novembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade