Éxito do ciclo Butaca de Jazz na Coruña con entradas a cambio de doar alimentos
Éxito do ciclo Butaca de Jazz na Coruña con entradas a cambio de doar alimentos
Afundación impulsa a iniciativa Cultura por Alimentos para impulsar as doazóns ao Banco de Alimentos
A pandemia disparou un 50 % a demanda nestas entidades sociais
O concerto de Xan Campos Trío estreou a nova edición do ciclo musical Butaca de Jazz. Non quedaron sitios libres no auditorio de Afundación.
O público non pagou polo concerto, pero para escoitar en directo os novos temas de Xan Campos Trío tivo que entregar primeiro alimentos non perecedoiros que a Afundación fará chegar ao Banco de Alimentos Rías Altas.
A iniciativa chámase Cultura por Alimentos e é un convite á solidariedade cos máis vulnerables. Afundación aproveita a súa intensa actividade cultural en Galicia para impulsar as doazóns.
A pandemia disparou un 50% a demanda nos bancos de alimentos. A campaña de Afundación estenderase ata finais de 2022.