Publicador de contidos
Publicador de contidos

Memoria en galego dos campos de concentración franceses

Memoria en galego dos campos de concentración franceses

Centos de miles de persoas fuxiron de España nos últimos meses da Guerra Civil e foron confinados en campos en Francia

Miro Villar traduciu ao galego Aramados, o testemuño escrito en 1941 polo ordense Manuel García Gerpe, que publica Alvarellos

A editorial Galaxia recolle en Illote P Barraca 16 a experiencia do refuxiado Santiago Rodríguez Salinas, escrita nos seus últimos anos de vida

 

 

G24.gal 14/12/2022 17:13

Aramados. Os meus nove meses polos campos de concentración de Francia é o testemuño que o ordense Manuel García Gerpe publicou na Arxentina en 1941, traducido ao galego por Miro Villar e publicado pola editorial Alvarellos. García Gerpe foi un avogado, xornalista e político de traxectoria relevante nos anos 30. Faleceu no exilio en 1949.

Illote P Barraca 16 é o relato que Santiago Rodríguez Salinas realizou da súa dura experiencia en varios campos de concentración franceses, escrito nos seus últimos anos de vida e publicado pola editorial Galaxia na súa colección Memoria histórica.

O Diario Cultural da Radio Galega conversou con Miro Villar, tradutor de Aramados, e con Eduardo R. Cunha Tatán, fillo de Santiago Rodríguez Salinas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade