Publicador de contidos
Publicador de contidos

"A única dúbida que teño é se matou a Desirée na cama ou no chan"

"A única dúbida que teño é se matou a Desirée na cama ou no chan"

O axente que realizou a inspección ocular é contundente ao sinalar a nai de Desirée Leal

Os psiquatras pensan que Ana Sandamil esganou a filla e din que levaba meses psicótica

Diferenzas no diagnóstico psiquiátrico da acusada no caso

O garda civil que realizou a inspección ocular declarou este xoves na Audiencia de Lugo
G24.gal 10/02/2022 17:15

O Garda Civil da Unidade Orgánica da Policía Xudicial de Lugo, que realizou a inspección ocular da casa e da habitación onde morreu Desirée Leal en maio de 2019, foi contundente ao declarar ante o tribunal popular: "A única dúbida que teño é se a matou na cama ou no chan

Para este axente non hai dúbida de que a morte foi "violenta" e a súa única dúbida é o lugar onde a nai matou a pequena. Declarou que había máis sangue no chan que na cama que ese 3 de maio compartiron Ana  Sandamil e a súa filla, como adoitaban facer habitualmente.

Fixo especial fincapé nos pixamas, pois no da vítima había bastante sangue, sobre todo na parte de arriba, mentres que no da procesada, envolto como unha "pelota" e atreveuse a afirmar que "escondido maliciosamente" debaixo do leito, puidéronse apreciar restos de saliva da nena.

Da nai comentou que non cambiou a súa versión, polo menos ante el, de que a nena bebera o fármaco antidepresivo e contra o insomnio. Sandamil sinalou unha botella nunha mesa a carón da cama, que non era a que contiña o medicamento, pois esa estaba no vertedoiro da cociña.

Este efectivo afirmou ademais que as petequias na cara de Desirée non encaixaban coa inxestión accidental dun preparado e remarcou que había pingas na parede, en sentido ascendente.

"Se esas gotas teñen o mesmo líquido que había na cunca ou na botella, é compatible con que intenten facerllo beber á nena, a nena faga un xesto para apartar a botella e salpique na parede", explicou ante o xurado.

Este venres poderíase saber máis destas pingas, xa que terán que declarar os técnicos do Imelga que analizaron o contido, pero é compatible con que alguén tentase facerllo beber á nena, que esta quixese impedilo, e chegase ata aí.

A outra proba é o pixama da nai. Para o axente, as manchas que hai nel poderían indicar que Ana Sandamil estaba enriba da nena suxeitándoa entre as pernas mentres a esganaba coas mans.

"Fíxense onde ten o sangue", resaltou o investigador.  "Non o ten na parte superior senón nas pernas, entre a ingua e o xeonllo. e tamén ten restos de cuspe. Iso é compatible coa posición da nai á hora de matar a nena. Esas pernas estiveron en contacto coa parte superior do corpo da nena" .

Declaración dos psiquiatras

Ademais dos investigadores, este xoves declararon tamén os psiquiatras que atenderon neste tempo a nai de Desirée. E todos coincidiron en que Ana Sandamil non actuaba con normalidade.

"Ana levaba meses psicótica, das entrevistas que fixen con ela teño claro que quería a filla. Creo que se lle fixo dano foi que non se atopaba ben. Pero iso é o que creo eu polo que me contou eses meses. Eu o que pasou esa noite non o sei", di a psiquiatra que a atendeu durante máis tempo.

Os expertos dixeron tamén que ao ser consciente da morte da filla, Ana Sandamil intentou suicidarse. E que nos meses seguintes só tiña recordos parciais dos feitos.

Ás veces nin sequera cría que a rapaza morrera. Pero sempre mantivo a súa versión de que a nena bebera da súa medicación por accidente

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade