Publicador de contidos
Publicador de contidos

"A xente entende que o Celta é un club de canteira"

"A xente entende que o Celta é un club de canteira"

Freddi falou tras a súa renovación co Celta Fortuna e encomia os novos pasos da dirección

G24.gal 22/06/2024 18:48 Última actualización 22/06/2024 19:16

O actual adestrador do Celta Fortuna, Fredi Álvarez, concedeu unhas declaracións posteriores á súa renovación pola entidade celeste. Segundo comentou, el mesmo non esperaba atoparse nesta situación a estas alturas.

Lembremos que Fredi estaba no xuvenil B do conxunto vigués en 2021 e que, tras ir ascendendo de equipos, xa ocupa o cargo de primeiro adestrador do filial en 2024. Afirmou estar mentalizado para o fútbol formativo, mais que era un afortunado por esta nova oportunidade e que seguiría intentando formar xogadores, sempre coa vista posta en que cheguen ao primeiro equipo.

Ao mesmo tempo, Fredi quixo eloxiar o traballo e a xestión dos dirixentes do club, que grazas ao seu ascenso de posto ou ao de Claudio Giráldez estaban a demostrar que o Celta volvía ser un club de canteira, e que isto establecera un vínculo coa afección.

En canto á valoración da temporada pasada, o técnico está contento co resultado e cre que tivo un carácter positivo malia non conseguir o ascenso. Ao mesmo tempo valora como bo o curso do Gran Peña, no que el comezou a temporada, e que, segundo comentou, soubo repoñerse a varios golpes importantes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar