'Alargascencia' para fomentar o consumo responsable
'Alargascencia' para fomentar o consumo responsable
Amigos da Terra impulsa unha iniciativa para preservar os recursos naturais
Fronte áchamada obsolescencia programada, que fai que os produtos cada vez duren menos, a Fundación Amigos da Terra aposta pola iniciativa alargascencia. Contan xa con case 200 establecementos asociados en toda Galicia que comparten a filosofía dun consumo responsable. Son obradoiros como este de Vigo en que dan unha segunda vida a roupa, outros que fan o mesmo con mobles ou lugares en que alugar ou reparar o que necesites.
Hai tempo que as cousas que mercamos non duran toda a vida. A iniciativa Alargascencia loita en prol dun consumo responsable e de darlle aos obxectos todas as vidas que fagan falta.
Segundo Juan Carlos Alonso: "A revolta background é o contrario de obsolescencia. As cousas están feitas para que, chegado o tempo, deixen de funcionar; alargascencia é estirar o uso, a vida de algo, para poder gozar del moito mais tempo". Canda Violeta, dedica o seu tempo libre a redeseñar e personalizar mobles e obxectos.
"Temos desde un moble que veu dun hospital, que está perfectamente, a mobles de calidade, de madeira. A xente está tirando mobles de madeira, de calidade, para mercar mobles de cartón. É o mundo ao revés", comenta Violeta.
Hai 25 anos que en La Canalla os irmáns Francisco e Patricia Soto redeseñan pezas con valor engadido. Amigos da Terra púxose en contacto con eles hai tempo como claro expoñente da alargascencia.
"Nós non reparamos pezas de cadea, pedimos á persoa que veña traernos unha, que teña valor calidade ou emocional, un mínimo para poder facer un traballo que perdure", di Francisco.
E canda a deles, son xa 177 as iniciativas recollidas nunha páxina web que propón opcións para alargar a vida útil dos produtos e reducir así o consumo de recursos naturais.