Publicador de contidos
Publicador de contidos

Actividades educativas para promover un consumo responsable da auga

Actividades educativas para promover un consumo responsable da auga

Os cativos coñecen como se xestiona a auga

G24.gal 22/03/2024 14:07

Con motivo do Día Mundial da Auga a potabilizadora e a depuradora de Lugo abren as súas portas para dar a coñecer estas infraestruturas. Preto dun milleiro de escolares pasarán por aquí ata finais de curso para coñecer o ciclo da auga, desta volta os alumnos de quinto de primaria do Luis Pimentel.

"Aprendín como se limpa a auga para que sexa potable e a poidamos beber e utilizar".

"Poden ver todo. O que máis lles chama a atención é a separación dos residuos, poden ver que o que facemos na casa ten impacto na depuradora", sinala Araceli Iglesias, xefa de planta da EDAR de Lugo.

"Pareceume curioso un lodo que cando lle botaban auga flotaba e non se afundía".

"Cando sacan a auga con lixo o malo queda arriba e a auga limpa vai para abaixo".

Toman boa nota do que se debe e non se debe facer e ven de primeira man o problema que supoñen as toalliñas.

"O mellor é tirar o papel e as toalliñas ao lixo, non polo retrete".

Tratan aquí de poñer en valor un ben cotián e darlles visibilidade ás carreiras profesionais relacionadas co medio ambiente.

"É importante poñer en valor que co que nos custa un litro de auga no supermercado pois podemos ter ata mil litros de auga da billa", explica Rodrigo González, delegado en Galicia de Gestauga.

Iniciativas de educación ambiental para concienciarnos dende pequenos do consumo responsable da auga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar