'Avanoa', un musical solidario coa inclusión social na Coruña
'Avanoa', un musical solidario coa inclusión social na Coruña
O espectáculo estrearase o 6 de outubro no Teatro Colón
Os beneficios destinaranse a apoiar o labor da asociación Participa
O próximo seis de outubro estrearase o musical 'Avanoa' no Teatro Colón da Coruña. O espectáculo chega aos escenarios logo de dous anos de intenso traballo creativo e da implicación desinteresada de máis dun cento de persoas.
Os ensaios comezaron no verán, pero 'Avanoa' cobrou vida moito antes, durante o máis escuro da pandemia. O musical, que nace da ilusión e do talento dun equipo cento por cento coruñés, reflexiona sobre o abuso da dixitalización e as implicacións dun mundo tecnolóxico.
Os beneficios destinaranse intregamente ao programa 'Invisibles' da Asociación Participa, que axuda as familias coruñesas en risco de exclusión social.
Quen non poida asistir á estrea e queira colaborar pode facelo mediante a Fila 0. 'Avanoa, o musical' é unha produción de Volana Producións coa colaboración dunha extensa lista de escolas, institucións e empresas da Coruña.