Berta Dávila: "As feridas duns son o consolo doutros"
Berta Dávila: "As feridas duns son o consolo doutros"
A ferida imaxinaria conta a historia de dúas parellas de irmás distanciadas, dous peixes laranxas e un ganso doméstico
Os personaxes deste libro, incapaces de afrontar o que lles pasou, tratan de esquecer a vida por todos os medios
A novela, publicada en galego por Xerais, fala da busca de consolo cunha trama que dá conta das feridas da existencia
"Expliqueille que era unha especie de herdanza. Que viña dun lugar por onde non pasaban nin a ilusión nin o desconcerto. E que a miña familia non saíra nunca del". É un anaquiño de A ferida imaxinaria, a última novela de Berta Dávila que nos leva a un universo onde parecen flotar anacos de vidas. Unha especie de ilusión óptica na as personaxes se miran e non se ven. Un mundo de peixes laranxas, casas de cristal, anacos de azulexo, un ganso e ata unha eclipse.