Publicador de contidos
Publicador de contidos

'Cada neno, un xoguete': campaña solidaria onde o obxectivo é entregar 14.000

'Cada neno, un xoguete': campaña solidaria onde o obxectivo é entregar 14.000

Calquera pode colaborar con xoguetes novos ou de segunda man

G24.gal 10/11/2021 15:12

Estes días están cada vez máis preto e, para que ningún cativo quede sen o seu agasallo, xa se pode colaborar nunha campaña que se converteu nun clásico do Nadal vigués, 'Cada neno, un xoguete'.

Agardan que os estantes do local de recollida pronto estean cheos. Calquera pode colaborar con xoguetes novos ou de segunda man.

A campaña repartiu nos últimos once anos máis de 40.000 xoguetes. Este Nadal queren duplicar os entregados en plena pandemia. Algúns viaxarán fóra de Galicia.

Os xoguetes poden entregarse no centro comercial Gran Vía de Vigo e no local habilitado pola asociación en Alcabre. Nas redes sociais informarase doutros puntos de recollida. Todo para levar a ilusión ás familias máis desfavorecidas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade