Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un neno de 11 anos tras ser acoitelado no campo de fútbol de Mocejón (Toledo)

Morre un neno de 11 anos tras ser acoitelado no campo de fútbol de Mocejón (Toledo)

A Garda Civil despregou un amplo dispositivo cunha ducia de patrullas para localizar o presunto autor dos feitos

G24.gal 18/08/2024 12:37 Última actualización 18/08/2024 20:39

Unha traxedia impensable sacudiu este domingo a tranquila vila de Mocejón. A esta hora hai moitas conxecturas sobre o ocorrido, porque o Xulgado número 3 de Toledo decretou o segredo de sumario sobre o caso.

Os datos contrastados son que un neno de once anos foi asasinado cun obxecto punzante sobre as dez da mañá no campo de fútbol do polideportivo Ángel Tardío da localidade.

A Garda Civil comunicou que ten aberta unha operación gaiola con numerosos efectivos para deter o autor do crime. Díxose que o agresor ía encapuchado, pero outras fontes que levaba só un pano tapándolle parte da cara.

Tamén se sinalou que se busca un rapaz duns 16 anos e que supostamente fuxiu nun vello Ford Mondeo gris. Son datos non sempre coincidentes.

Ás sete da tarde, veciños e autoridade de Mocejón gardaban un minuto de silencio diante do Consistorio. O concello decretou tres días de loito e pide que se deixe traballar con respecto e sen presións ás forzas de seguridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade