'Castillo, escultor' é a primeira mostra de Jorge Castillo, un dos nosos artistas máis internacionais

Naceu en Pontevedra en 1933, pero pronto emigrou coa súa familia á Arxentina. As súas pinturas percorreron os museos máis importantes do mundo desde Nova York a Berlín ou París. Pero as figuras escultóricas quedaron en plano secundario para o público, pero non para o artista, que seguiu traballando sempre en paralelo.
A escultura é a súa faceta máis descoñecida, que nos permite afondar no seu proceso artístico. Define as súas pezas a través das liñas e do baleiro, explorando diferentes técnicas ao longo de máis de medio século. A esencia do ser humano é un continuo durante a súa carreira, nunhas obras que parten das emocións.
Cóntanos que a escultura leva consigo un proceso de creación moi complexo que require dun tempo de maduración. Agora a colleita está lista para que o público poida facer a cata escultórica dun dos nosos artistas máis internacionais.