'Cibercarracho', elixida Palabra do Ano 2023 na votación popular
'Cibercarracho', elixida Palabra do Ano 2023 na votación popular
A palabra logrou máis do 40 % dos votos
O neoloxismo foi inventado no #DígochoEu da Televisión de Galicia
'Cibercarracho, -a' foi elixida como Palabra do Ano 2023 polos usuarios que votaron na iniciativa da Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié.
Nun comunicado emitido este mércores, a RAG e a Fundación Barrié desvelaron a palabra favorita dos usuarios: 'cibercarracho', un neoloxismo de rexistro coloquial que tira de humor e que fai referencia aos ciberdelincuentes.
A palabra logrou máis do 40 % dos votos
Esta palabra logrou máis do 40 % dos votos rexistrados no proceso final, no que participaron outros cinco vocábulos: 'cooficialidade', 'educación emocional', 'feitiño, -a', 'dereitos humanos' e 'biodiversidade'.
'Cibercarracho' fórmase partindo do prefixo ciber-, que sae de acurtar a palabra cibernético, e o substantivo carracho, un arácnido da orde dos ácaros do que existen varias especies e que se alimentase do sangue de mamíferos e aves.
O neoloxismo foi inventado no #DígochoEu da Televisión de Galicia
O termo foi creado para un espazo sobre ciberseguridade en que unha personaxe interpretada por Esther Estévez, presentadora do #DígochoEu, representa un pirata informático. O cibercarracho intenta facer o seu traballo, que vén sendo roubar datos e mesmo cartos, e Esther dá consellos para impedirllo.