Cris de Caldas: "A miña avoa contábame sobre a morte, agora hai máis protección para os nenos"
Sete Falares, o Colectivo Narración Oral Galega (NOGA) e o Festival Atlántica celebran xuntos o Día Internacional da Narración Oral
O colectivo dos narradores orais galegos reclama o recoñecemento desta arte ancestral e dignificación do oficio
Ata o 31 de marzo: 30 espectáculos e 20 narradores despregan contos por escolas, auditorios ou festivais de todo o país
"Presumamos do noso, sigamos contando, cantando, aprendendo e sumando elos á marabillosa cadea da tradición oral". Así remata o manifesto que Ana Rodríguez, a de Leilía, escribiu este ano para celebrar o Día Internacional da Narración Oral. Un día que coincide coa chegada da primavera e cunha programación que, ata o 31 de marzo, espalla contos e contadores por toda Galicia. Unha das contadoras que participa é Cris de Caldas, e hoxe conversamos con ela sobre a antiga arte de contar.