Publicador de contidos
Publicador de contidos

"Educar en igualdade é o mellor xeito de evitar a violencia de xénero", di a secretaria de Estado de Igualdade

"Educar en igualdade é o mellor xeito de evitar a violencia de xénero", di a secretaria de Estado de Igualdade

"Ensinar non é adoutrinar. Xa é hora de a educación sexual sexa unha materia obrigatoria no ensino", di Ánxela Rodríguez

G24.gal 08/03/2022 10:34

Ánxela Rodríguez, secretaria de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero, é entrevistada no 'Bos días' por Fran López Iglesias co gallo da celebración do 8-M.

Ánxela Rodríguez salienta ao inicio da conversa que falta educación e concienciación na sociedade para lograr unha verdadeira igualdade entre home e mulleres.

O Goberno aproba hoxe plan de igualdade para todas as administracións públicas

"Falta moita concienciación na nosa sociedade. Ese é un dos grandes retos pendentes. Hoxe temos que poñer en valor todas as políticas públicas que se están facendo desde as distintas administracións. Eu quería comezar celebrando que desde o Goberno do Estado imos aprobar un plan de igualdade para todas as administracións públicas, apróbase hoxe no Consello de Ministros, que vai supor un investimento de máis de 20.000 millóns de euros. Un investimento histórico".


Este ano, por primeira vez, haberá dúas manifestacións en moitas cidades. En discusión: abolición da prostitución e demandas de identidade de xénero. Son debates históricos que, nesta ocasión, provocan esta división.

"Vai haber moitas manifestacións en moitas cidades do país. Eu son de Pontevedra e moitas veces houbo concentracións en distintos lugares da cidade. Creo que é positivo. Creo que o movemento feminista sempre foi moi diverso, moi plural, tamén agora".

Educar na igualdade é o mellor xeito para evitar a violencia de xénero

Educar na igualdade é o mellor xeito para evitar a violencia de xénero, asegura a secretaria de Estado de Igualdade. Engade que os adolescentes as ferramentas suficientes para esta educación na igualdade.

"Os profesores teñen a mellor intención de facelo, pero a realidade é que os sistemas educativos foron reformados en varias ocasións por gobernos do PP no ámbito estatal para eliminar esas materias que eran obrigatorias, nas que había contidos vencellados á educación sexual, afectiva, en igualdade, etc. Nós pensamos que xa é hora de que a educación sexual sexa obrigatoria (...). A educación sexual é un dereito dos nenos e das nenas e non é adoutrinamento. Temos dereito a crecer en igualdade".

Ensinar non é adoutrinar

"Hai un discurso misóxino contra as mulleres, antifeminista, anticolectivo LGTBI, que é unha reacción a todos os avances dos dereitos das mulleres".

"O que temos que ter é moita pedagoxía. Intentar explicar que do que estamos falando é da calidade de vida de toda a cidadanía, de valores que están recollidos na nosa Constitución, que o feminismo do que fala é de que os homes e as mulleres sexamos iguais (...) Disto temos que falar hoxe e todos os días do ano, para que sexa realmente útil. Hai que facer sensibilización e concienciación na cidadanía".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade