Publicador de contidos

Publicador de contidos

Eva Mejuto: "Alédanos moito que moitos veñan ao Salón para ler en familia"

Eva Mejuto: "Alédanos moito que moitos veñan ao Salón para ler en familia"

Ata o 6 de abril celébrase en Pontevedra o  Salón do Libro Infantil e Xuvenil

Máis de 300 actividades para toda a familia nun salón que pode visitarse á carta

Esta XXVI edición dedícase ao cine e ten a Francia por país convidado
 

Eva Mejuto, coordinadora do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
G24.gal 23/03/2025 11:36 Última actualización 20/03/2025 16:33

Pontevedra é estes días destino de familias con cativos. O Salón do Libro Infantil e Xuvenil reúne durante varias semanas unha gran cantidade de ocio, literatura, música, contacontos, e este ano moito cine, porque diso vai a súa temática.

Os contos, contados ou escritos, foron sempre diversión e instrución para os máis pequenos. Lerlle un conto a un bebé, seguilos cando comezan a lectura autónoma, levalos a unha biblioteca, ou unha libraría, a escoller un libro, ler cada noite antes de durmir... Os libros infantís e xuvenís son festa de grandes e pequenos. E o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que comezou este venres, é un auténtico parque de atraccións para lectores de todas as idades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade