O novo de Faia e Lisdexia e Ortiga en Compostela, nas músicas do 'Zigzag'
Faia publica en abril Alvela, un disco que reivindica a importancia do corpo e do contacto íntimo
Lisdexia presentan 'Escravos do baile', unha canción sobre o hedonismo da noite
Ortiga esgota entradas en Compostela para presentar en directo 'Obra social'
Faia volve cun segundo disco 'Alvela' que fala das experiencias da maternidade, a memoria dos corpos, as violencias que o atravesan e tamén é unha reivindicación de pracer e do contacto íntimo.
Lisdexia cumpren anos en activo na escena de Muros. Presentan o mes que vén "Escravos do baile" e o sinxelo de adiante é un tema que se inspira na festa, o caos e tamén a resaca.
Ortiga esgota as entradas para presentar en directo na Sala Capitol o seu último disco "Obra social". Un traballo no que rende homenaxe a verbena contemporánea con moita presenza de ritmos como o merengue, bachata, cumbia ou o electro-latino.