Publicador de contidos
Publicador de contidos

"Foi como unha explosión", din os veciños tras o tremor de 3,5 graos na Costa da Morte

"Foi como unha explosión", din os veciños tras o tremor de 3,5 graos na Costa da Morte

Numerosos veciños de Carnota, Laxe e Zas sentiron un forte estrondo

O epicentro foi a 10 km de profundidade, entre Cabana e Laxe

O tremor foi de magnitude 3,5, segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional
G24.gal 22/12/2021 14:02

Numerosos veciños dos concellos da Costa da Morte sentiron o tremor que se produciu onte pola tarde nos montes do municipio de Laxe. Segundo o Instituto Xeográfico Nacional, o tremor rexistrado foi dunha magnitude de 3,5.

Falei con algún amigo de Baio e dicíame que alí tamén se sentira. Foi como que che estala a caldeira, explica un veciño de Laxe. 

Foi contra as sete e media da tarde cando os veciños dos concellos da Costa da Morte sentiron como tremía a terra. Desde Carnota a Zas, foron moitos os que escoitaron un forte estrondo do tremor de magnitude 3,5, segundo o Instituto Xeográfico Nacional. 

Foi un susto grande, asegura outro veciño. 

O epicentro do terremoto foi a dez quilómetros de profundidade, baixo os montes situados entre Borneiro, en Cabana, e Laxe. Un susto e unha sorpresa para a veciñanza.

"Collemos un pouco de temorEscoiteino pero pensei que era un trono. Foi como unha explosión", contan os veciños que sentiron o tremor en Laxe. 

Algúns sentiron só o ruído e outros viron como uns segundos se movían a mesa no salón, pero outros din que non se decataron de nada. 

Un susto que entra, segundo os expertos, dentro da normalidade. Estes días anda a tremer a terra polo Cantábrico, e tamén en Lourenzá, o Instituto Xeográfico Nacional rexistrou un pequeno tremor de 1,8 de magnitude. 

O epicentro do tremor foi entre o montes de Borneiro e Laxe
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade