Gabriela Fernández: "Nos 80 Virxilio comezou a pintar as metrólopes, é a súa etapa máis descoñecida"
Gabriela Fernández: "Nos 80 Virxilio comezou a pintar as metrólopes, é a súa etapa máis descoñecida"
A mostra celebra os 100 anos do nacemento de Virxilio e podemos visitala ata o 11 de maio no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense
A pintura de Virxilio caracterizouse por un fauvismo peculiar de paleta expresiva, con escenas da vida rural galega e tamén series máis urbanas
Nos 60 fixo unha curiosa serie de carteis para a daquela Xefatura Central de Tráfico, unha das primeiras campañas de seguridade
'Virxilio inédito' celebra os 100 anos do nacemento do pintor ourensán. A súa filla é a comisaria desta mostra que pretende descubrir algúns dos traballos menos coñecidos do artista. Hai que entrar para vela no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense.