Publicador de contidos
Publicador de contidos

'Informe lingüístico sobre a lingua del Eo-Navia. Sin fronteiras: galego de Asturias'

'Informe lingüístico sobre a lingua del Eo-Navia. Sin fronteiras: galego de Asturias'

O informe acaba de presentalo a asociación Axuntar 

Trátase dun documento divulgativo que achega datos históricos sobre a realidade lingüística do Eo-Navia e sobre a situación sociolingüística actual da comarca

Foto extraída do facebook de Axuntar Foto extraída do facebook de Axuntar
G24.gal 28/12/2022 11:44

A asociación Axuntar acaba de presentar o 'Informe lingüístico sobre a lingua del Eo-Navia. Sin fronteiras: galego de Asturias'.

Trátase dun documento divulgativo que achega datos históricos sobre a realidade lingüística do Eo-Navia e sobre a situación sociolingüística actual da comarca.

O informe tamén trata o tema dos prexuízos lingüísticos e a percepción que os propios falantes de galego teñen da súa lingua, e valora as políticas deseñadas polas autoridades gobernamentais e lingüísticas asturianas en relación ao "galego de Asturias". 

A entidade editou este traballo en que se analiza polo miúdo o territorio no que se fala galego en case unha vintena de municipios do occidente asturiano. Tamén de como e onde naceu esta lingua que tamén é propia da comunidade asturiana, os documentos que o confirman, a súa filiación galego-portuguesa, a percepción dos seus falantes e os prexuízos lingüísticos respecto da mesma.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade