Cargando resultados...
Lorena Conde: "Inclúo a fantasía porque só co traballo non se cubren as necesidades dunha familia"
'A burra, a mesa e o pau' reúne 15 actores sobre o escenario con Lorena Conde na dramaturxia e dirección
O título remite a un conto dos irmáns Grimm, pero levado ao suposto dunha familia obreira galega nos anos 90
Representacións ata abril no Salón Teatro de Compostela
G24.gal
05/03/2025 12:31
Última actualización 05/03/2025 12:45
O Centro Dramático Galego estrea este xoves nova produción. Lorena Conde é a autora do texto e a directora de 'A burra, a mesa e o pau', que ela mesma define como un conto de fadas dunha familia obreira galega.
Un espectáculo coral con gran presenza da música e da videocreación para potenciar un tempo e un espazo que se moven entre a realidade e a fantasía.