Cargando resultados...
'Mensajes de Poesía (1948-1952)' pecha o centenario de Luz Pozo Garza
'Mensajes de Poesía (1948-1952)' pecha o centenario de Luz Pozo Garza
O Centro Ramón Piñeiro edita o facsímile da revista que dirixiu Eduardo Moreiras
Luz Pozo Garza colaborou na publicación poética de posguerra
A edición recupera o número inédito dedicado a Pura Vázquez
Peza da exposición Constelación Luz
G24.gal
30/12/2022 13:02
O centenario de Luz Pozo Garza conclúe coa edición facsimilar de Mensajes de Poesía, singular publicación poética que Eduardo Moreiras dirixiu entre os anos 1948 e 1952 e na que participou a escritora.
Vicente Aleixandre foi un dos animadores da revista que distribuía trescentos exemplares con textos de Alvaro Cuqueiro, Blas de Otero, Luís Pimentel ou Carmen Conde. A edición recupera as once entregas da revista e un inédito sobre Pura Vázquez.