Publicador de contidos
Publicador de contidos

A OCU lanza unha campaña para denunciar as prácticas abusivas das aeroliñas que cobran a equipaxe de man

A OCU lanza unha campaña para denunciar as prácticas abusivas das aeroliñas que cobran a equipaxe de man

A campaña "Non sen maleta" anima a denunciar as compañías aéreas

Unhas pasaxeiras accedendo á zona de embarque coa súa equipaxe de man
G24.gal 15/07/2024 14:45 Última actualización 15/07/2024 15:15

Levar equipaxe de man é un dereito que temos todos os pasaxeiros

"Por suposto que é un dereito que temos que ter, necesitas levar un mínimo imprescindible", comenta un pasaxeiro

 "Dío a propia lei de navegación, que acaba de dicir que o transportista está obrigado a transportar de balde en cabina como equipaxe de man os obxectos e bolsos que leve un viaxeiro", informa Kepa Loizaga, voceiro da OCU

O requisito é que esta equipaxe de man debe ter un peso e unhas dimensións razoables, e ese é o escollo que aproveitan as aeroliñas nas súas prácticas abusivas.

 "Por levar unha maleta de man de 10 quilos eran case 45 euros cada voo, o de ida e mais o de volta", conta unha señora

"Vimos xente deixando roupa, rompendo as rodas, é un pouco abuso", apunta o voceiro da OCU

"Agora como te descoides non che deixan pasar nin o bolso que levamos de muller", insiste unha pasaxeira

Dende a OCU lanzan a campaña "Non sen maleta" e animan a denunciar estas prácticas abusivas nos institutos de consumo. 

"Deberiamos gardar os tíckets, evidentemente porque é o único que nos vai dar dereito a reclamar ", aconsellan dende a Organización de Consumidores e Usuarios

"Habería que facelo porque ás veces descoñecemos os nosos dereitos", coincide unha pasaxeira

As multas millonarias coas que se están sancionando as aeroliñas non están facendo efecto.

"Mentres nós non reclamemos as compañías van seguir con esta forma de funcionar",insisten dende a OCU

"Pagan multas, pero parece ser que aínda así lles é rendible pagar esas multas e seguir poñendo eses prezos para que pagues a equipaxe de man, os asentos e todo", opina un pasaxeiro

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar