'O corpo aberto' e Esther Estévez, protagonistas dos XXI Mestre Mateo
'O corpo aberto' e Esther Estévez, protagonistas dos XXI Mestre Mateo
A película de Ángeles Huerta arrasa na gala de Ourense con 12 premios, entre eles o de mellor dirección e guión na súa opera prima
A presentadora do espazo da TVG Dígocho Eu, Esther Estévez Casado é, por segundo ano consecutivo, a mellor comunicadora para a Academia
'O corpo aberto', da realizadora Ángeles Huerta, foi a gran vencedora da XXI edición dos premios Mestre Mateo tras obter un total de 12 galardóns, entre eles o de mellor longametraxe, mellor dirección e mellor guión.
A ópera prima de Huerta optaba a un total de 16 galardóns, dos que se levou 12, situándose como a obra máis premiada da cerimonia. Gañou nas categorías de mellor longametraxe, dirección e guión para Ángeles Huerta, que comparte este último premio con Daniel D. García.
Ademais, os académicos recoñeceron cos seus votos a interpretación protagonista de Tamar Novas e o papel secundario de Federico Pérez na película.
Tamén obtivo os premios a mellor dirección de arte para Antonio Pereira; dirección de fotografía para Gina Ferrer; dirección de produción para Tamara Soto; maquillaxe e salón de peiteado para Raquel Fidalgo, Noé Montes e María Barreiro; mellor música orixinal para Mercedes Peón; mellor son para Diego Staub e Jordi Rossinyol; e mellor vestiario para Teresa Sousa.
'Cinephilia', de Novelos producións e Telemiño, gañou como mellor programa, e Esther Estévez Casado foi premiada por segundo ano consecutivo como mellor comunicadora.
O mellor documental recaeu en 'María Casares. A muller que viviu as mil vidas'; mentres que no apartado de animación o filme 'Unicorn Wars', de Alberto Vázquez, foi premiado como mellor longametraxe e 'Sandwich Cat¡, de David Fidalgo, obtivo o premio a mellor curtametraxe animada.
Tamén obtivo o premio a mellor curtametraxe de ficción 'A entrega', de Pedro Díaz.
No apartado televisivo, a serie de Jorge Coira 'Rapa', que contaba cun total de 19 candidaturas, alzouse con catro premios, entre eles o de mellor serie de televisión e mellor montaxe para Jorge Coira, Gaspar Broullón, Óscar Pardo e Lucía Iglesias.
Ademais, a serie tamén levou o premio a mellor interpretación protagonista feminina para Lucía Veiga e mellor interpretación de elenco para Berta Ojea.
'Cinephilia', de Novelos producións e Telemiño, gañou como mellor programa e Esther Estévez Casado foi premiada por segundo ano consecutivo como mellor comunicadora.
Ademais, o premio á mellor publicidade recaeu na peza 'As Estrelas do camiño- Miradas de Resistencia', de Kaito Estudos e Estrela Galicia; e o mellor videoclip foi para o tema 'Noa', de Guadi Galego, producido por Toño Chouza.
Completan a lista de galardoados Jairo Iglesias, á mellor produción por 'Catro gatos'; e 'Delicias amargas', de Kraken Media, e 'Historias vageniales', de Raquel Nogueira, gañadoras ambas na categoría de mellor serie web.
Na gala, o produtor, compositor e músico Nani García recibiu tamén o premio honorífico Fernando Rey en recoñecemento á súa dilatada traxectoria como compositor, e a súa aposta pola difusión da música vinculada ao sector audiovisual.
Todos os premios resumidos neste fío:
🏆📺 Os #XXIMestreMateo celebran a gala da súa vixésimo primeira edición. Lembra que podes seguila xa mesmo en directo no teu televisor ou ben pola nosa web👉 https://t.co/xTLcnq6vp9 pic.twitter.com/5Sakz2CtoY
— TVG (@TVGalicia) March 11, 2023