Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Gran Camiño terá finais no Ézaro e Manzaneda e rematará cunha crono en Sarria

O Gran Camiño terá finais no Ézaro e Manzaneda e rematará cunha crono en Sarria

Patxi Vila confirma que Movistar correrá a nova volta a Galicia: "Botabámolo de menos"

A carreira tamén terá unha tirada entre O Porriño-Vigo

G24.gal 17/11/2021 15:17

Por Zona mixta pasou o director de rendemento do Movistar Team para falar da nova volta a Galicia, O Gran Camiño e Andrés Vieites confirmounos as catro tiradas previstas para a carreira, do 24 ao 27 de febreiro:

O Porriño-Vigo
Comarca de Santiago-Miradoiro do Ézaro
Maceda-Cabeza de Manzaneda
Unha contra o reloxo final en Sarria

A Deputación de Pontevedra anunciou unha etapa que sairá en Porriño ata Vigo e que será a primeira. Case con toda seguridade a segunda sairá de Santiago ou contorna, o final si xa podemos adiantar que será en Ézaro.

A terceira etapa sairá de Maceda, en Ourense. O remate pretenden que sexa en cabeza de Manzaneda. Xa para a cuarta, o domingo. A Deputación de Lugo quere que, cando menos, o final sexa en Sarria e contra o reloxo.

Encantados de volver a Galicia cos grandes

Patxi Vila, director de rendemento do Movistar confirmou "que o noso equipo estará na Volta a Galicia, estaremos encantados de estar neste Gran Camiño, a volta do gran ciclismo en Galicia, terra moi ligada ao noso deporte. Botabamos de menos volver e cando chamou Ezequiel, encantados desde o primeiro momento"

"Sobre se coñecía o percorrido totalmente, dixo que non o oficial, pero que "o que me trasladaron foi a estrutura que adiantastes agora. Haberá final en Ézaro e pedíronnos opinión sobre a contra o reloxo final, e parécenos ben. Sobre o final en Manzaneda, dáme un pouco respecto tocar esas altitudes nese mes"

Tampouco coñecía os nomes dos seus que vaian estar en Galicia: "Aínda estamos estruturando o calendario do equipo e as probas, non eliximos aínda os corredores. Hai que falar con Valverde no seu último ano, a ver se vén, pero non vai ser fácil, creo que estará na Ruta do Sol a semana antes. Non digo imposible, pero fácil non será".

"Esprintes en Galicia vai ser difícil, por iso non saíron grandes esprínters desta terra. Sería un xeito de perdernos os fermosos percorridos e lugares que hai aí. Iso non quere dicir que non veñan eses corredores aquí, por datas son ideais, están moi ben"

Un calendario que permitirá ver grandes corredores en Galicia

Vila confirmou: "As datas son perfectas para o calendario, e creo que o Gran Camiño é unha proba moi interesante para moitos equipos. O Movistar Team este ano reforzouse moi ben e estamos máis equilibrados ca o ano pasado, a ver se o referendamos con resultados".

E se Valverde non vai estar en Galicia, el tamén adiantou que non estará á fronte do seu equipo:  "Non decidimos quen será o director, Chente García Acosta ten todas as papeletas".
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar