Cargando resultados...
Paula Quintas: "Cada día o corpo e o equilibrio é diferente, na danza nunca hai final"
'Aurora boreal' reflexiona sobre o efémero e a durabilidade das cousas a través do xeo
Participan na dirección Rut Balbís, na música Macarena Montesinos e Nacho Muñoz, e nas visuais Carla Andrade
Estréase no Primavera en Danza de Carballo o día 28 de marzo
G24.gal
26/03/2025 13:07
Última actualización 26/03/2025 17:05
A danza é a linguaxe perfecta para falar da durabilidade das cousas. A bailarina Paula Quintas en 'Aurora Boreal', a súa última montaxe, tenta que unha peza escénica se poida conxelar no tempo. A través do corpo en movemento, reflexiona sobre a brevidade do existir, mostrando un combate entre o efémero da vida e a forza da natureza.