'Pensando en ti' celebra o seu 25 aniversario cunha multitudinaria romaría no Carballiño
'Pensando en ti' celebra o seu 25 aniversario cunha multitudinaria romaría no Carballiño
O programa radiofónico da madrugada da Radio Galega celebra a súa décimo sexta romaría
O espazo radiofónico Pensando en ti, un dos programas máis antigos da Radio Galega e emblema das madrugadas, celebra no Carballiño a súa décimo sexta xuntanza anual cos oíntes. Recupérase a romaría tras a parada da pandemia e cadra coa celebración dos seus 25 anos en antena.
O presentador do Pensando en ti Marcial Mouzo, apoiado polo humorista Isi, o seu substituto nas ondas este verán de luns a venres, están á fronte da celebración en que se levará a cabo a gravación do programa que se emitirá esa mesma noite, entre a 1:00 e as 6:00 horas.
Como en toda gran romaría popular, a música é un dos ingredientes destacados, coas actuacións de María do Ceo, Marietta, Merchy Treviño, Ruth Cundíns e coa verbena a cargo da orquestra Gran Parada.