Publicador de contidos
Publicador de contidos

"Picasso branco no recordo azul", o legado coruñés na obra do pintor

"Picasso branco no recordo azul", o legado coruñés na obra do pintor

A exposición pode verse ata o próximo 25 de xuño no Museo de Belas Artes da Coruña

Dez bloques temáticos recollen 120 obras que permiten ver a pegada da estancia en Galicia na obra de madurez

España e o mundo réndenlle homenaxe aos 50 anos da súa morte

"Natureza morta con instrumentos musicais sobre unha mesa" a gaita cubista de Picasso
G24.gal 08/04/2023 14:44 Última actualización 08/04/2023 15:29

"Picasso branco no recordo azul. Debuxando o futuro" é a exposición que se pode ver desde hai dúas semanas no Museo de Belas Artes da Coruña. Recolle 120 obras, máis da metade da autoría do artista malagueño. É unha mostra da pegada que Galicia deixou en distintas etapas creativas da súa traxectoria.
Os visitantes teñen ocasión de coñecer os fundamentos estéticos deses primeiros anos creativos na Coruña, e comprobar como transcenderon na súa obra posterior. 

"Picasso branco no recordo azul. Debuxando o futuro" desde a que para el era cidade de vento e chuvia. O arrolo que Picasso lle cantaba á súa fila Maya nos momentos duros devolvíao á adolescencia, tal como ela lle recordaba ao comisario da exposición Rubén Ventureira.

Ela dicíame esta canción cantábama meu pai cando os nazis estaban ocupando París e el estaba moito máis con nós na casa. Falaba moito da súa infancia na Coruña e en Málaga. Da Coruña lembraba o son da choiva contra as pedras e tamén certas cancións. 

Músicas que saían de formas xeométricas, daqueles instrumentos cubistas que deixaron pegada na súa obra. Porque esta exposición é precisamente a das influencias posteriores a aqueles anos en Galicia.

Iso é Galicia en Picasso, que queda no Picasso máis adulto e máis coñecido do Picasso da Coruña.

Daquela etapa quedan temas recorrentes, o pintor que ten como modelo a muller amada, mosqueteiros de capa e espada, e versións propias de clásicos como as Meniñas de Velázquez,  porque, como el dicía, A Coruña foi a cidade onde espertaron os seus sentidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar