Publicador de contidos
Publicador de contidos

As antenas de telefonía aumentan o número de problemas de recepción da televisión

As antenas de telefonía aumentan o número de problemas de recepción da televisión

O crecente número das antenas 4G e 5G ten un efecto colateral moitas veces ignorado: as interferencias nos sinais de televisión, que poden acabar provocando que non se vexa algunha canle ou que se vexa mal

Os fallos de recepción tamén poden deberse a unha mala orientación da antena ou a que o amplificador quedase obsoleto.

G24.gal 21/05/2024 20:42 Última actualización 21/05/2024 21:44

Se a televisión empeza a fallar á noitiña, é probable que a causa sexan as antenas de telefonía 4G e 5G, que concentran a esa hora a maior actividade do día.

Moncho Rodríguez Puga, Instalador e reparador de antenas: "Se hai un repetidor de telefonía móbil preto, que entra con forza, o amplificador amplifícao con moita forza porque está máis cerca, satúrase por exceso de sinal e fai que se vaian pixelando as canles de televisión".

Os amplificadores de antena quedan obsoletos ante estas novas tecnoloxías e é preciso cambialos. "Cando llo cambiamos por un que está preparado para as frecuencias actuais de tv, rexeitando a telefonía móbil, xa o vemos normal", explica Moncho.

Tamén hai lugares onde as distintas canles de televisión chegan de repetidores diferentes, como ocorre nalgunhas zonas de Ourense, que reciben os sinais de Meda e de Allariz.

Moncho Rodríguez Puga, Instalador e reparador de antenas: "Algúns teñen antena orientada a Allariz, que non ten nin Primeira, nin Segunda, nin Galega, pero estalles entrando o sinal de Meda de rebote. Hai días que lles entra ben e outros non. Hai moitas aldeas que teñen que ter dúas antenas para solucionar ese problema".

En calquera caso, asegura, o recomendable é recorrer a un servizo técnico porque, coma todo, as antenas tamén precisan mantemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade