Cargando resultados...
A escolma da obra fílmica de Zulueta, unha débeda pendente do S8
A escolma da obra fílmica de Zulueta, unha débeda pendente do S8
O traballo do cineasta Iván Zulueta abriu o S8 e aínda se poderá seguir nos próximos días
O festival trae por primeira vez a España a cineasta canadense Bárbara Sterberg
Cine experimental e de vangarda tanto actual como clásico ata o día 4 de xuño na Coruña
Ana Domínguez e Ángel Rueda, directores do S8
G24.gal
28/05/2023 11:30
Última actualización 25/05/2023 16:46
A Mostra Internacional de Cinema Periférico quedou inaugurada na Coruña. A meca do cine experimental e da creación contemporánea en Galicia vén máis internacional ca nunca.
Na inauguración xa nos deixou un avance dun dos pratos fortes, a recompilación e a recuperación de inéditos da obra de Iván Zulueta.
Referente da Vangarda española dos anos 70. Un dos cineastas malditos. Serán sete programas sobre el, que xa comezaron na sesión inaugural e que se estenderán máis alá do festival.