Publicador de contidos
Publicador de contidos

"Se eu non produzo, ti non comes" é o lema da campaña do sector pesqueiro na defensa da súa actividade

"Se eu non produzo, ti non comes" é o lema da campaña do sector pesqueiro na defensa da súa actividade

Piden un cambio nas políticas da Unión Europea

Din que os están asfixiando e que poñen en risco a viabilidade do sector

G24.gal 27/02/2024 14:28

Nas últimas horas a pesca sumouse ás protestas dos agricultores e os gandeiros na defensa do sector primario. Coma eles denuncian a complexidade administrativa que lles impoñen desde Bruxelas e que cualifican de obsesiva política medioambiental. 

Preocúpalles especialmente a competencia desleal de terceiros países, e poñen foco neste dato: o 70 por cento do peixe consumido na Unión Europea provén do exterior. 

Por estes e outros atrancos, o sector pesqueiro promove unha campaña a nivel nacional que este martes recalou en Vigo para poñer en valor o traballo dos produtores. 

A caída do consumo de peixe en España é outra das grandes preocupacións do sector, que reclama ao Goberno central a baixada do IVE dos produtos do mar para reverter a situación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade