Cargando resultados...
Sinestesia: "Temos máis esperanza do que parece nas cancións"
Sinestesia: "Temos máis esperanza do que parece nas cancións"
O grupo compostelán publica 'Na marxe', o seu terceiro disco longo
O traballo inclúe por primeira vez cancións en galego
G24.gal
24/02/2023 18:28
Tras un silencio discográfico de cinco anos, o grupo Sinestesia publica o seu terceiro longa duración.
Os temas incluíndos en 'Na marxe' amplían o territorio musical desta banda santiaguesa, con influencias do jazz, o lo-fi ou a música de baile.
Un disco producido por Hevi que xa están presentando en directo.
Os próximos concertos levaranos a Cambados e Boiro en marzo e abril.
Tomás Porteiro, voz, guitarrista e compositor de Sinestesia, e mais Manuel Gómez Rey, teclista da banda, presentaron 'Na marxe' no Diario cultural da Radio Galega.
A portada de 'Na marxe', publicado por raso