Cargando resultados...
Su Garrido Pombo: "Non somos tan urbanitas como pensamos"
Su Garrido Pombo: "Non somos tan urbanitas como pensamos"
A música viguesa publica Patios de luz en edición física e dixital
O disco observa a vida desde os lugares en que cidade e aldea se mesturan
G24.gal
15/02/2023 15:31
Su Garrido Pombo leva a súa música polos patios de luz. O seu segundo disco en solitario visita eses espazos domésticos e comunais en que ecoa a vida rural dentro das cidades.
Da existencia secreta dos patios e da aldea nos espazos urbanos falan as nove cancións deste álbum.
En Patios de luz, producido por Marco Maril, participan tamén a chelista Susanna Blanco e o saxofonista Iago Ramilo, e inclúense poemas de Keith Payne e Olga Novo cantados por Garrido.
A artista pasou polo Diario Cultural da Radio Galega para falar destas novas cancións.