Publicador de contidos
Publicador de contidos

1.000 euros de media por unha semana nun piso turístico este verán na costa galega

1.000 euros de media por unha semana nun piso turístico este verán na costa galega

A oferta vai desde os 700 euros da Mariña aos 1.900 en Sanxenxo

A demanda aumenta tras converterse Galicia en refuxio climático para as vagas de calor

G24.gal 29/06/2024 14:12 Última actualización 29/06/2024 21:09

O alugueiro vacacional non deixa de medrar en Galicia, que chega a este verán con case cinco mil pisos turísticos máis que hai un ano. En toda a comunidade rozan os 24.000.
Sanxenxo, considerada a zona cero das vivendas turísticas, lidera a oferta, seguida de Vigo e A Coruña.

Martina Durán, Inmobiliaria Pisos: "Estamos falando dunhas 4.000 vivendas de uso turístico en Sanxenxo".

Ademais do atractivo turístico das rías baixas e doutro sector en alza como é o turismo rural, os expertos aseguran que Galicia está de moda como refuxio climático para os viaxeiros que foxen das intensas vagas de calor dos últimos veráns.

"Cada vez temos un incremento de persoas que antes alugaban no Levante ou en Cádiz, pero que polas abafantes vagas de calor agora buscan algo máis estable e máis fresco".


Este verán alugar unha vivenda vacacional na costa galega unha semana supera os 1.000 euros de media. Con todo, Durán lembra que tamén neste eido a oferta galega é moi variada, Vai desde os 500 ou 700 euros a quincena na Mariña ata os 2.900 da Toxa ou os 1.900 en Sanxenxo, que non necesariamente os 6.000 que recollen algúns informes.

Martina Durán, Inmobiliaria Pisos: "Son estudos que se fan a través de plataformas onde as estadías son curtas, ao mellor catro ou cinco días, mesmo dous días, entón a noite é moito máis cara, para un alugueiro de quince días ou unha semana os prezos non son tan altos".

E a propagación destas vivendas de uso turístico intensifica o debate sobre a necesidade de regulalas, porque están disparando os prezos do alugueiro ordinario e baleirando os centros históricos das cidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade