Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno destinará 1.200 millóns para impulsar a innovación científica

O Goberno destinará 1.200 millóns para impulsar a innovación científica

O Consello de Ministros aproba un plan para transferir coñecemento ás empresas

España é o 11º país en investigación, pero o 23º en innovación

Antón Montero 20/12/2022 19:28

O Goberno lanza un plan para facilitar a transferencia dos achados científicos ás empresas. 

Está dotado con 1.200 millóns de euros que se destinarán a subvencionar ou dar axudas fiscais a compañías emerxentes do eido tecnolóxico, incentivar a contratación de investigadores nas empresas ou recomprar patentes que non se estean sendo utilizadas.

Diana Morant, ministra de Ciencia e Innovación explicou que son "15 medidas clave para atallar esta tarefa pendente: a capacidade do noso país para converter o excelente coñecemento que se xera na nosa comunidade científica, que moitas veces non se traduce en solucións innovadoras con impacto socioeconómico".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade