Publicador de contidos
Publicador de contidos

140 anos da pegada do comercio maragato en Lugo

140 anos da pegada do comercio maragato en Lugo

Mantén unha clientela fliel grazas á especialización e á tradición

A propietaria, de 78 anos, non pensa na xubilación, e abrirá un albergue de peregrinos

Carmen, de 78 anos, representa a terceira xeración dunha familia de comerciantes maragatos
G24.gal 01/12/2021 20:24

Desde fóra ten certo aire a un museo. Cando entramos, Carmen explica como son as novas cordas para os chourizos, ou tamén as que se usan para os rascadores de gatos. Cousas que non atoparemos nun centro comercial.

Ela representa a terceira xeración dunha familia de comerciantes maragatos que fundou en Lugo este comercio hai xa máis de 140 anos. A esencia segue. Só mudou a oferta. Nos inicios houbo xamóns, logo tamén queixos....

Hoxe defínese como cordelería, pero ofrece tamén cortizas de todo tipo e moito máis. Carmen di sentirse privilexiada por poder manter este negocio. Aos 78 anos ten corda para tempo, e o ano que vén pensa inaugurar un albergue de peregrinos na zona monumental.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade