Cargando resultados...
1.500 participantes e 400 coreografías no Festival Internacional Vigo Porté
1.500 participantes e 400 coreografías no Festival Internacional Vigo Porté
O festival é un referente en Europa
G24.gal
01/05/2023 20:37
Vigo converteuse estes días no epicentro do mundo da danza coa celebración dunha nova edición do Festival Internacional Vigo Porté. 1.500 participantes e 400 coreografías nun festival que é referente en Europa.
Danza urbana, lírica, folclore... Diferentes disciplinas nun mesmo escenario é o que fai do Vigo Porté un festival único. Máis de duascentas persoas bailaron xuntas en Vigo nun festival no que a competición queda nun segundo plano fronte ao sentimento que os une.