Publicador de contidos
Publicador de contidos

18 anos de cadea por abusar sexualmente da filla menor dun amigo e pedirlle fotos espida

18 anos de cadea por abusar sexualmente da filla menor dun amigo e pedirlle fotos espida

A vítima tiña 14 anos cando comezaron os feitos. Enviáballe vídeos e fotos masturbándose e pedíalle que ela fixera o mesmo.

Segundo a sentenza, o agora condenado aproveitábase da amizade co pai da vítima para chegar a ela

G24.gal 09/10/2024 15:48

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a 18 anos e nove meses de cárcere a un home por abusar sexualmente da filla menor dun amigo e por pedirlle fotos espida, cando ela tiña entre 14 e 15 anos.

En concreto, os maxistrados condenan ao home a 11 anos de prisión por un delito de abuso sexual, así como a outros nove meses de cárcere por un delito de exhibicionismo e a sete anos máis por outro de corrupción de menores.

O tribunal considerou probado que, entre finais de 2017 e agosto de 2019, o acusado mantivo relacións sexuais coa menor, que nesas datas tiña entre 14 e 15 anos. Segundo a sentenza, o agora condenado aproveitábase da amizade co pai da vítima para chegar a ela.

"Gradualmente a súa relación foise intensificando e profundando ata que en outubro iniciaron unha relación sentimental na que se realizaban tocamentos de índole sexual e bicábanse", recollen os feitos probados.

"A partir das festas do Nadal de 2017 e ata finais de agosto de 2019 mantiveron ademais relacións sexuais con penetración vaxinal ou bucal polo menos en quince ocasiones. Estas relacións sexuais producíanse cando a menor estaba na casa do seu pai, ben na mesma vivenda ou nas inmediacións, en descampados ou en vehículos", engade.

Ademais, durante este período, o home enviou en varias ocasións por teléfono á rapaza vídeos e fotos de contido sexual, mostrando os seus xenitais e masturbándose. Ela, a pedimento del, remitiulle en diferentes ocasións fotos súas espida e masturbándose.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade