A eutanasia aplicouse 180 veces en España no primeiro ano da lei
A eutanasia aplicouse 180 veces en España no primeiro ano da lei
Desigualdade entre comunidades no acceso a unha morte asistida por sanitarios
Cento oitenta persoas exerceron o seu dereito á eutanasia neste primeiro ano en vigor da lei. Pode solicitala quen teña un padecemento grave, crónico e incapacitante ou unha enfermidade sen cura que lle cause un sufrimento intolerable.
Pero o acceso a unha morte asistida por sanitarios estase desenvolvendo, segundo a ministra Carolina Darias, de xeito desigual por comunidades autónomas. En Cataluña practicáronse 60 mentres que en Andalucía, con máis poboación, só 11.
Vinte e dúas das persoas que recibiron apoio sanitario para morrer doaron os seus órganos para axudar a outros enfermos. No aniversario da lei Darias dixo que o dereito á eutanasia nos dignifica como sociedade.
"Contribuímos a crear unha sociedade máis xusta, máis equitativa, máis xenerosa para os que o precisan, pero sobre todo máis decente", asegurou